Skip to main content

"Mensaxeiros solidarios" para explicar a doazón de sangue ós máis pequenos

A Directora da Axencia de Doazón de órganos e sangue, Marisa López, e a concelleira de educación Celina Varela presentaron hoxe unha campaña que pretende, a través dos contos dos Bolechas, achegar o xeneroso xesto da doazón ós alumnos de primaria do municipio

A pesares de que a doazón de sangue é un xesto que só é posible realizar a partires dos 18 anos, a Axencia de Doazón resalta a necesidade de concienciar dende a infancia sobre a importancia vital deste xesto solidario.

"Papá Bolechas doa sangue" é o título deste conto que trata de achegar este acto ós máis pequenos. Cada un dos centros que participan nesta campaña recibirán un exemplar do conto xunto cunha tarxeta con información básica sobre a doazón, advertindo ademáis do desprazamento dunha unidade móbil que estará en Arteixo os próximos 12 e 13 de maio. Estará na rúa peonil entre as 9'30 h e as 14'30 e de 16 a 21 h o día 12. O venres 13 de maio repite localización e se poderá doar ou obter información entre as 10 e as 15 horas.