Skip to main content

O poeta Paco Souto canaliza un novo encontro literario

O encontro literario, no Centro Cívico e Cultural de Arteixo ás 20:00 h, enmárcase dentro do programa cultural que Arteixo organiza para este mes de maio. O escritor Alfredo Ferreiro, coordenador do Certame Manuel Murguía, presenta e coorganiza esta iniciativa co Servizo Municipal de Cultura.

Trátase de dar a coñecer as obras máis recentes de autores vencellados ao Concello de Arteixo. Os autores convidados son Francisco A. Vidal, Henrique Rabuñal, Miguel Sande, Modesto Fraga, Xosé Iglesias e Xavier Maceiras.

Tamén haberá un recital poético na memoria do poeta e activista cultural Paco Souto, para o que se conta co seguinte elenco: Enma Abella, Henrique Rabuñal, Iolanda Aldrei, Miguel Sande, Modesto Fraga, Rocío Blanco, Xosé Iglesias, Xavier Maceiras e Alfredo Ferreiro.

O evento será acompañado pola música de Alberto Laso e Karlos Barral. O seu proxecto Infusiones Musicales funde música étnica de diferentes orixes para dar lugar a unha composición propia que procura texturas sonoras e tímbricas empregando instrumentos como o sitar, oud turco, guitarra, tabla, udu, djembes, tinallas e unha variada listaxe de instrumentos de percusión.