Skip to main content

Os enfermos de fibromialxia xa teñen un local de referencia

A Concelleira de Servizos Sociais, Inés Ramos, fixo entrega das chaves do local á presidenta da Asociación Fibroarteixo, de recente creación.

Fibroarteixo disporá do local de Mestre Mateo de Arteixo para desenvolver as súas actividades e poder atender ós seus asociados, ás súas familias e público que o precise. Estarán os lunes de 17.00 a 19.00 e os mércores de 10.00 a 13.00.

A Concellería de Servizos Sociais que dirixe Inés Ramos trata de impulsar o traballo en rede das distintas entidades sociosanitarias do municipio e favorecer, deste xeito, o traballo especidalizado e mellorar, finalmente, a calidade de vida dos veciños.

O departamento, que xa conta cun amplo equipo de traballo interdisciplinar, considera necesario , como no caso da fibromialxia e outros, ampliar a súa intervención dependendo de cada caso, a diferentes axentes especializados e acadar, desta forma, resultados óptimos.