Skip to main content

O Concello colabora con 70.000 euros nas actividades do Centro Comercial Aberto

O acordo permite a colaboración conxunta na organización de eventos tan recoñecidos como a Feira de Oportunidades; a Feira Auto-Arteixo; a programación do Día do Pai e Día da Nai; ou outro tipo de campañas encamiñadas á promoción do comercio local como Merca e Aforra, Día do Libro ou os Concursos de Tapas.

A aportación económica municipal destínase tamén a gastos de material promocional da imaxe do CCA como rueiros, papel de regalo ou bolsas; así como para costear os gastos derivados das actuacións que teñen como obxectivo a fidelización dos clientes.

Por último, a subvención municiopal, tamén permitirá sufragar actividades formativas e os coster de personal que se contrate para o desenvolvemento das actividades de dinamización comercial
e de animación na rúa.