Skip to main content

Medio Ambiente quere desbrozar máis de 1000 quilómetros de camiños cada ano

Arteixo dispón de 330 quilómetros de vías públicas que se limpan tres ou catro veces cada ano dependendo do uso e da proliferación da maleza nos distintos puntos do municipio.

No primeiro semestre de este ano o departamento de Medio Ambiente municipal xa desbrozou, para o seu acondicionamento, 670 quilómetros desas vías públicas e o obxectivo é alcanzar, a finales de ano, os 1100 quilómetros. 

O executivo anuncia que aumentará a frecuencia dos desbroces para que, cada ano, a media de quilómetros limpos supere os mil. 

Tres tractores e tres  operarios adícanse de forma exclusiva a esta tarefa o que supón a limpeza diaria de entre un e dous quilómetros lineais dependendo do grao de dificultade do terreo ou dos niveis de maleza que atopen. Este equipo finaliza actualmente os traballos de desbroce na parroquia de Lañas e a semana próxima estarán en Arteixo e Loureda. 

Tractor

Arteixo colabora con outras administracións como a Xunta de Galicia na vixiancia, prevención e defensa contra os incendios forestais. Trátase de levar a cabo tratamentos preventivos en vías, camiños e superficies forestais de titularidade municipal. 

Estas obrigas supoñen levar a cabo traballos de prevención tanto nos camiños como nas zonas de arbustos ou nas copas das árbores para impedir que as pólas superen o límite que marcan os camiños e evitar, deste xeito, o "efecto túnel" que permitiría o paso dun lume dun lado a outro. Así, a distancia mínima entre as copa debe de ser de sete metros.  

Para atender ás obrigas autonómicas o departamento de medio ambiente eliminará dos camiños especies como o toxo; a silva; o fento, xesta; a uz; carqueixa e queiruga. O estrato herbáceo debe de ser menor a 20 cm para cumprir as recomendacións da Xunta.