Skip to main content

Europa acode ó rescate do patrimonio arqueolóxico

 

Arteixo conta con dezaséis puntos de interés arqueolóxico. Trátase de localizacións onde atopamos restos castrexos en distintos estadios de conservación; e ata sete igrexas con restos da época románica. 

 

O concello quere revalorizar este patrimonio e utilizará para elo máis de 300.000 euros dos máis de cinco millóns que lle concedeu a Unión Europea para poñer en marcha o Plan NovoArteixo. 

A iniciativa permitirá crear viais de intercomunicación entre estes diferentes elementos patrimoniais a través de sendas peonís ou carrís-bico; así como aparcadoiros que sirvan para que o transporte colectivo e individual poida se achegar a eses puntos de interés. 

Tamén se reforzarán os puntos de información e sinalización de cada un dos elementos da ruta para que a visita e a difusión da mesma se realice de xeito máis sinxelo. 

O pasado de Arteixo

As igrexas de Pastoriza, Monteagudo, Oseiro, Lañas, Chamín, Loureda e Morás formarán parte desta rede ademáis dos castros que contarán ademáis cun pulo ós estudios arqueolóxicos naqueles de maior interés.