Skip to main content

Inscrición na Liga Municipal de Fútbol Sala 2017 / 2018

Renovación de prazas (só para os equipos que participaron na liga de fútbol sala na tempada 2016/2017)

 

  • Prazo: Do 4 ao 15 de setembro (ambos inclusive)
  •  Lugar: Entrega da documentación e xustificante de pago antes das 22.00 h do 15 de setembro de 2017 unicamente no Pazo dos Deportes (Avenida de Arsenio Iglesias s/n), en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres
  • Deberán achegarse os seguintes documentos:
    • Folla de inscrición
      • Enviarase por mail a todos os equipos interesados. Do mesmo xeito poderase recoller no Pazo dos Deportes en horario de atención ao público nas datas referidas e debe vir cuberta cos datos do equipo e dos xogadores
    • Xustificante de pago
      • Recibirase por mail una vez facilitados os datos oportunos para a súa tramitación.
      • Deberanse facilitar os seguintes datos con un día de antelación á recepción do recibo: Nome ou razón social, DNI ou NIF, dirección postal e correo electrónico
    • Renovación de fichas (deberán ser entregadas antes do 29 de setembro ás 22.00 h)
      • Faranse fichas novas a todos os xogadores.
      • Hai que presentar obrigatoriamente dúas fotografías e unha fotocopia do D.N.I por xogador
  • Todo aquel que entregue fóra de prazo calquera documentación ( fichas, folla de inscrición,  xustificante de pago, fotocopias do D.N.I…), perderá o dereito á renovación.

 

Novas inscricións:

 

  • Prazo de preinscrición: do 4 ao 15 de setembro
    • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, Pazo dos Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
    • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas dispoñibles, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas, tendo preferencia os equipos con un mínimo de un 60% de xogadores empadroados en Arteixo.
  • Exposición de equipos preinscritos: A partir do 19 de setembro na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 22 de setembro ás 11:00 h no Salón de Plenos Municipal
  • Exposición da listaxe de equipos admitidos: A partir do 22 de setembro na páxina web municipal
  • Prazo de matrícula: Os equipos admitidos terán un prazo (25 de setembro – 6 de outubro) para formalizar a matrícula na liga, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Pazo dos Deportes en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  • Documentación de matrícula
    • Folla de inscrición cos datos do equipo e dos xogadores
    • Fichas de todos os xogadores: dúas fotografías e unha fotocopia do D.N.I por xogador
    • Xustificante de pago: Recollerase no Pazo dos Deportes ou recibirase por mail una vez facilitados os datos oportunos para a súa tramitación para abonar no banco o prezo público de inscrición da liga de fútbol sala.
    • Entrega da documentación e xustificante de pago antes das 22.00 h do 6 de outubro de 2017 no Pazo dos Deportes
    • Todo aquel que entregue fóra de prazo calquera documentación, pasará á lista de espera para poder inscribirse, perdendo os dereitos adquiridos
Renovación

 Segundo a Ordenanza n.º 34, reguladora do prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos, publicada no BOP do 3 de xullo de 2017, o custo da inscrición será de 600 € por toda a tempada (liga e copa)

 

Documentos: