Skip to main content

O humor de Isabel Risco abre en Meicende unha nova edición do Outono Cultural

A Concellaría de Cultura pon en marcha unha nova edición do seu Outono Cultural. Serán tres meses de espectáculos para todos os públicos e distintas tendencias en varios escenarios do municipio. 

O Auditorio do CSC de Meicende abrirá  esta edición o venres, 15 de setembro, cun monólogo de Isabel Risco, quen recibiu o premio FETEGA de Carballiño á mellor actriz por Nabiza Girl, un superheroína rural galega con denominación de orixe protexida.

O sábado 16 o protagonista será o cinema. El desconocido, unha película de suspense piscolóxico, acción e policíaca para maiores de 12 anos que poderá visionarse no Auditorio do CCC ás 20:45 h.

Ambas actuacións, programadas dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña son de balde e as invitacións poderán recollerse nos lugares de exhibición.

Ata o 15 de decembro pasarán por Arteixo reputadas compañías galegas como Elefante Elegante, Talía Teatro, Producións Teatrais Excéntricas, Nelson Quinteiro, Teatro do Atlántico, Carlos Blanco, Teatro do Noroeste ou Mofa e Befa.

O programa tamén contempla a actuación de músicos recoñecidos como Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre ou Os Modernos.

A sala de exposicións do CCC de Arteixo tamén participan na programación con mostras como as obras de escultura e pintura de Ana Novo e Manuel Lubián;  as fotografías e obxectos antigos da AXPA ou os cartaces, vestiario e atrezzo de Teatro de Noroeste celebrando os seus 30 anos actuando.