Skip to main content

Praia de Area Grande ou Valcovo

Valcovo

                                               B.Azul      loc 43º 18' 57'' N  8º 31' 51'' W      Localización Ver Mapa

Praia resgardada dos ventos do sudoeste e do nordés, predominantes na zona.

Praia de area branca moi fina, difícil de ver dende o camiño, porque a rodean os montes de Valcovo de Abaixo e o do Petón. Ten forte ondada. É ideal para practica do surf.

Nun extremo da praia posúe a furna de San Xián, accesible unicamente coa baixamar. A lenda di que un pescador ceibou un galo na furna de San Xián (de aí que tamén sexa coñecida coma a “Furna do Galo”)  atado a un cordel por unha pata para poder recuperalo; o galo entrou na sima e apareceu dous quilómetros máis adiante xunto a unha fonte de auga doce.