Skip to main content

Os damnificados polo temporal poden chamar á policía local

O paso da borrasca Ana por Arteixo deixou un episodio perigoso cando, ó redor das 20.30 horas, unha forte racha de vento arrincou o tellado da bave de Pescanova, que foi a parar á carretera.

As láminas da cuberta alcanzaron varios vehículos e o suceso causou un importante colapso no tráfico ata que os bombeiros limparon a zona. 

Aqueles cidadáns afectados por este suceso poden se poñer contacto coa Policía Local de Arteixo no teléfono 981.60.00.60