Skip to main content

Panxoliñas para despedir o ano en Meicende

O Centro Sociocultural de Meicende acolle o vindeiro venres a segunda edición do Festival de Cantos de Nadal. Será a partir das 20.00 h e participarán os grupos de Pandeireta de O Rañal e de Canto de A Biuca; a Coral Polifónica Virxe da Barca de Muxía e o Orfeón Alcoa Inespal no .

A música galega tradicional así como coñecidos temas do repertorio navideño internacional forman parte da actuación de cada un dos grupos que ademáis pretenden facer alusión a diferentes culturas e constumes. 

Trátase dunha actividade dirixida a todos os públicos, sen custo de entrada e con invitación que deberá de se recoller unha hora antes no mesmo centro.