Skip to main content

Contacontos, maxia ou entroido enchen de actividades as bibliotecas municipais

Contacontos con Purpurina, Iván ou Caxoto; maxia con Christian Magic ou un taller de entroido con Amadeo Taboada. Son algunhas das actividades que a rede municipal de bibliotecas programa para os meses de febreiro e marzo en distintos horarios e datas. 

A programación, que podes consultar no documento adxunto, diríxese á rapazada de 4 a once anos agás aquelas actividades que especifiquen outras idades. Tamén hai algunhas que se levarán a cabo por orde de inscrición. 

Para mais información tedes o teléfono 981 659108 ou o correo electrónico: biblioteca.central@arteixo.org.