Skip to main content

Corte de auga en O Rañal

O Servizo Municipal de Augas acometerá melloras na rede de suministro o que suporá cortes puntuais. 

O xoves 15 de marzo os traballos se acometerán na zona de O Rañal que estará sen auga entre as 15.30 h e as 19.30 h aproximadamente. 

A empresa de augas aconsella ós cidadáns da zona que vixíen que ningunha billa quede aberta para evitar posibles perdas innecesarias de auga así como incidencias nas instalacións interiores durante o restablecemento do servizo. Durante o corte tamén aconséllase non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas.