Skip to main content

O Concurso de tapas busca a globalidade

Foron 7000 tapas vendidas e contabilizadas en dúas fins de semana. A XII Edición do concurso "De tapas por Arteixo" que organiza o Centro Comercial Aberto en colaboración co Concello volve a ser un éxito de participación e ventas. 

Os hostaleiros, que traballan xa na próxima edición que, si todo vai ben se desenvolverá no próximo verán, queren que o concurso, xa consolidado, medre e cree sinerxias que melloren e beneficien ós comerciantes locais. 

"Arume Arpado" e "La Ivi" foron os establecementos premiados polo xurado popular e o profesional respectivamente, nunha edición que tamén outorgou premios ó mellor servizo e repartiu, entre aqueles clientes que probaron, dando menos seis tapas, preto de 500 euros en vales de compra do comercio local.