Skip to main content

III Encontro de experiencias ArteixoInnovación: educaTIC

Consiste nun relatorio de experiencias de educación coas TIC que se desenvolven nos centros de ensino do termo municipal de Arteixo nos niveis de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional para que todos eles poidan dar a coñecer o seu traballo no ámbito das TIC. Nestas xornadas, por un lado o profesorado presentará a súa forma de traballar pero por outro lado serviralle de formación, xa que vai coñecer de primeira man o traballo realizado polos demais centros educativos do termo municipal.

O profesorado dos distintos centros educativos que leva anos traballando activamente na implantación das iniciativas que en cada centro se están levando a cabo actuará como ponente principal.

 Tamén haberá ponentes externos de recoñecido prestixio:

  • Anxo Carracedo Editor da revista Forensic  Science International: Genetics é membro do consello editorial de numerosas revistas internacionais de xenética e medicina forense.
  • Luz Veloso Licenciada en Belas Artes na  especialidade de pintura pola facultade de Salamanca, é Profesora de Educación plástica visual e audiovisual dende 1993 en Galicia, imparte clases actualmente no IES as Barxas de Moaña (Pontevedra)
  • Rubén Molinero Coordinador TIC e de Formación no CEIP Balaídos dende 2014. Gañador de premios como: O Mobile Learnig 2015 da revista Educación 3.0, o  Accésit á mellor experiencia de integración das TIC na aula da fundación Impuls en 2016.
  • Pablo Carpintero Doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse ata o día 4 de maio entregando a folla de inscrición presencialmente no Departamento de Educación ou remitíndoa ao correo electrónico educacion@arteixo.org. As prazas son limitadas ata completar aforo. A formación está pendente de homologación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenanción Universitaria.

Dentro do programa levaranse a cabo outras actividades complementarias:

·  Eu e as miñas circunstancias. Xornadas de formación e información dirixidas ao alumnado da ESO, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos de Arteixo. Levarase a cabo en horario lectivo.

·  Concurso de ANPAS

·  Exposición tecnolóxica

·  Talleres de robótica para nenas e nenos de 6 a 16 anos          

Poden obter máis información no teléfono 981647294