Skip to main content

Axudas municipais á contratación ano 2020

Promoeco

O prazo de solicitude será do 08.09.2020 ao 30.09.2020

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica municipal, coa convocatoria que adxunto e os anexos que se achegan.

Consultar bases xerais no BOP.

Documentación a aportar:

  • Relativa a Empresa
    • D.N.I. ou documentación equivalente para os estranxeiros da persoa que asina a solicitude. No caso de sociedades, poder suficiente para actuar no nome da entidade do/a representante.
    • C.I.F., escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil, no caso de persoas xurídicas.
    • Alta no Censo de Obrigados Tributarios e alta no Imposto de Actividades Económicas, do solicitante.
    • Solicitude segundo o modelo do Anexo I
    • Declaración responsable segundo o modelo do Anexo II
    • Modelo de designación de conta bancaria 
  • Relativa ao Traballador
    • Fotocopia compulsada do D.N.I. dos/as traballadores obxecto de contratación.
    • Informe da vida laboral actualizada do traballador con data posterior a contratación.
    • Contrato de traballo rexistrado polo Servicio Público de Emprego de Galicia.
    • Certificado de minusvalía ou xustificante de ter recoñecida unha incapacidade permanente en grao total ou gran invalidez (no caso de contratación de persoas discapacitadas).