Skip to main content

Música en "Feminimo Plural" na Praza do Balneario

Silvia Penide e Carla López, duas músicas e compositoras dos seus propios temas crearon hai dous o espectáculo "FemininoPlural", co que reivindican a importancia da muller como creadora de cancións e de textos cheos de arte. Un repaso que vai dende Mari Trini a Amaral, pasando por Julieta Venegas, Ses ou Guadi Galego.

A cita será ás seis da tarde na Praza do Balenario. A alternativa, en caso de choiva, é o auditorio do Centro Cívico. 

O concerto enmárcase no proxecto "Elas son artistas" que gañara o 1º Concurso de Ideas pola Igualdade na Cultura “Luisa Villalta” da Deputación da Coruña. Trátase dunha iniciativa integral onde se combina o sector público co privado para dar voz a moitas mulleres profesionais das artes e que habitualmente non gozan do recoñecemento que merecen. 

Paralelamente o auditorio de Meicende acollerá a preestrea do documental "Galicia enteira é un festival" no que se trata o panorama festivaleiro dende a dictadura ata o día de hoxe. Case noventa anos de historia narrados dende distintas perspectivas e centrados en tres festivais que a día de hoxe aínda conservan o modelo tradicional como Ortigueira, Pardiñas e Revenidas.

Será, tamén o venres 1 de xuño, ás 20.00 h.