O acto de izado das bandeiras azuis oficializa o comezo da temporada de praias
A praia de O Reiro foi a escollida este ano para que o alcalde, acompañado de membros de protección civil e os concelleiros de turismo e seguridade cidadá, izase a bandeira azul co que se oficializa o comezo da temporada de praias que este ano rematará o 16 de setembro próximo.
Arteixo conta con bandeiras azuis en O Reiro, Barrañán, Valcovo, Repibelo, A Hucha, Combouzas e Alba-Sabón e tamén dispón dun sendeiro azul, la Senda Litoral de Arteixo. Trátase do concello coruñés con máis distintivos deste tipo e un dos máis galardoados de Galicia xunto con Sanxenxo, Vigo e Cangas do Morrazo.
A temporada de praias xa se iniciara o pasado día 17 de xuño coa chegada ós areais de trinta e sete socorristas acuáticos, 4 técnicos en primeiros auxilios e 4 tripulantes de embarcación de rescate velarán pola seguridade dos bañistas.
