Pasar al contenido principal

O verán deixa preto de 180.000 visitantes ás praias de Arteixo

Sabón foi areal máis visitado durante a campaña de verán en praias que acaba de finalizar. O areal tivo un total de 70.000 visitantes seguido de Barrañán onde os efectivos de salvamento contabilizaron un total de 36.000 bañistas e Valcobo onde a cifra quedou nos 30.000. 

Os equipos de socorrismo, formado por 45 membros entre socorristas acuáticos, técnicos de primeiros auxilios e tripulantes de embarcación de rescate traballaron dende mediados do pasado mes de xuño e tiveron que actuar en 410 ocasións. As incidencias máis numerosas foron as relacionadas con feridas e golpes (129); picaduras de peixe (139); picaduras de insectos (24) e 22 rescates no mar.