Pasar al contenido principal

A pista multideporte de Sobrado xa está en marcha

O Concello iniciou os traballos para a construcción da nova pista multideporte de Meicende. Estará no lugar de Sobrado, a poucos metros do que será a nova praza anunciada recentemente e suporá un investimento total de 40.000 euros. 

Os traballos, sobre unha superficie de 2.500 metros, permitirán dotar á zona dunha pista polideportiva de acceso libre tal e como demandaban os veciños. 

O proxecto forma parte do plan municipal para dotar a cada parroquia de pistas deportivas libres que acheguen a práctica deportiva a toda a poboación. 

pista meicende