Pasar al contenido principal

Comezan as obras do novo centro social de Oseiro

Un novo centro social e unha área de esparexemento. Oseiro ve o comezo das obras destas novas infraestructuras nas que o concello inviste, entre a compra do terreo e os traballos, 700.000 euros. 

O núcleo da parroquia contará así, na zona da igrexa,  cun centro cívico de 300 metros cadrados e unha espazo de ocio, para distintos eventos, de 700 metros cadrados e que disporá de xogos infantís e de exercicios biosaudables para adultos. Tamén se ubicará unha zona de aparcamento para uns 30 vehículos. 

Os traballos, nunha parcela de 3.155 metros cadrados,  reforzan os equipamentos de ocio da parroquia que, no seu núcleo histórico carecían deste tipo de servizos. O máis cercano é o centro de O Froxel. 

obras

 

obras