Pasar al contenido principal

O patrimonio marítimo de Galicia na aula da natureza

A mostra consta de 13 paneis de gran formato impresos sobre tela nos que se fai un percorrido polos elementos mais significativos do patrimonio marítimo e da cultura mariñeira de Galicia: as embarcacións e as artes tradicionais, a arquitectura popular, as fortificacións costeiras e os faros, a actividade industrial e artesanal, as crenzas e a tradición oral, a toponimia e talasonimia ...

A mostra ten como obxectivo revalorizar o patrimonio marítimo galego dende as súas múltiples manifestacións naturais, históricas e culturais co fin de recuperar e protexer o acervo cultural mariñeiro galego.

“O patrimonio marítimo de Galicia” é unha exposición producida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e forma parte das exposicións itinerantes do CEIDA-Galicia que a a Concellería de relacións coa Comunidade Educativa ven acollendo nos últimos meses na Aula da Natureza de Arteixo en colaboración coa Deputación de A Coruña.

Poderase visitar na planta baixa da Aula da Natureza en horario de mañá (09:30 a 14:00) e tarde (16:30 a 19:00 horas).

Exposición