Pasar al contenido principal

Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social

Obxecto:

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais para o ano 2019.

Programas:

I.- Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (TR802G), para a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.

II.- Fomento do acceso á condición de persoa socia (TR802J), mediante subvencións ao acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais.

Prazo (por medios electrónicos):

De presentación de solicitudes: Do 30.01.2019 ao 01.10.2019.

De execución das accións: Do 02.10.2018 ao 15.11.2019.

Ligazóns: