Pasar al contenido principal

Cultura da a coñecer as bases para os concursos de entroido

A concellaría de Cultura e Festas do Concello de Arteixo publica as bases do concurso infantil e do concurso de carrozas, comparsas e disfraces de adultos/as do Entroido 2019 no que se repartirán uns premios dun total de 8.770,00 €.

O prazo para inscribirse comeza o 4 de febreiro.

O concurso infantil celebrarase no Pazo dos Deportes o domingo 3 de marzo ás 17:30 h.O prazo de inscrición está aberto ata o 22 de febreiro no SM de Cultura e Festas situado no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Este prazo poderá ampliarse ata o mesmo día do concurso se así o determina a Organización.

O concurso de carrozas, comparsas e disfraces de adultos/as será, como cada ano o martes de Entroido, 5 de marzo. O desfile comezará ás 17:30 h. As persoas interesadas teñen de prazo para efectuar a súa inscrición ata o 22 de febreiro antes das 14:00 h no SM de Cultura e Festas situado no Centro Cívico Cultural de Arteixo.