Pasar al contenido principal

Preto de 800.000 euros para achegar a auga a Monte Acibeiro

europa

 

Cumprir unha demanda histórica. O Concello licita, con este obxectivo, a obra que levará o saneamento e abastecemento a Monte Acibeiro, un núcelo situado no linde do término municipal co veciño A Laracha e que suporá un investimento de 766.000 euros. 

As novas conexións salvarán importantes dificultades orográficas, pendentes e zonas de rocha, para permitir a unión coa rede xeral de abastecemento e saneamento.

O proxecto contempla a distribución de pozos de saneamento cada 30 metros para facilitar as futuras acometidas dos veciños. A obra precisará máis de 3 kilómetros lineais de tuberías e 109 pozos de rexistro. As tuberías para o saneamento terán case 4 kilómetros de lonxitude. 

O coste dos traballos repártese, entre outros, en 143000 euros para demolición e movemento de terras; 159.000 para os materiais da nova rede de saneamento; 50.558 para a rede de abastecemento; 52.286 en cometidas eléctricas; 108.000 en reposición de firmes; e 10.100 para a xestión de residuos.

aciveiro