Pasar al contenido principal

O alcalde e o Conselleiro de Política social evalúan os proxectos sociais en marcha e sentan as bases do futuro

Carlos Calvelo e José Manuel Rey Varela fixeron alusión á integración na Rede Galiña Azul da Escola Infantil Municipal, o Servizo de xuda no Fogar Dependencia ou o Plan concertado

Conselleiro e alcalde abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade en Arteixo. “O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos e galegas a través das políticas sociais”, asegurou o titular autonómico tras finalizar o encontro.

A nova Escola Infantil Municipal disporá de 7 unidades e capacidade para 102 nenos e nenas. O Conselleiro Rey Varela lembrou o incremento de 630 horas mensuais no Servizo de xuda no Fogar Dependencia grazas ao cal os veciños e veciñas que o precisan contan cun total de 43.896 horas de servizo ao ano.

Con respecto ó Plan Concertado o responsable autonómico suliñou o Plan concertado, co que Arteixo disporá de máis persoal na área social, o que redundará nunha mellora nos tempos e na calidade da atención que prestan á cidadanía.