Pasar al contenido principal

Nova cita "Entre Mulleres"

O grupo de crecemento "Entre mulleres" é un espazo de reflexión para pensar, divertirse, reflexionar ou escoitar. É unha iniciativa do Centro de Información ás Mulleres que aborda temas tan diversos como a saúde física, a autoestima, as relacións familiares e de parella ou a relevancia das mulleres ó longo da historia. 

O traballo do grupo pretende, entre outras cousas, xerar e unsar un pensamento máis libre e autónomo e ter control sobre as propias decisións. 

O grupo ten unha nova cita o próximo 23 de maio ás 17 h na Aula do Centro de Maiores de A Baiuca. O prazo para se apuntar remata o 21 de maio e só hai 20 prazas. En caso necesario realizarase un sorteo o 22 de maio ás 11 da mañá no Centro de Información ás Mulleres. 

Para máis información ou inscricións hai que chamar ao 981601415 ou enviar un correo a muller@arteixo.org