Pasar al contenido principal

As bibliotecas municipais presentan a súa oferta para o verán

Vikingos e inventores. As bibliotecas do Concello plantexan un verán diferente para a rapazada nacida entre os anos 2008 e 2015, en varios turnos e con distintas dinámicas. 

A primeira quenda, do 1 ao 12 de xullo, adícase aos vikingos. Os participantes poderán subir a un Drakkar e coñecer o lonxano norte. Ademáis terán excursións ao Castelo de San Antón ou a Torre de Hércules. 

A segunda quenda, do 15 ao 30 de xullo, adícase aos inventos e aos inventores. A exxusión, neste caso, será ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e ao Monte de San Pedro. 

Hai prazas limitadas. 

Documentos: