O Concello habilita buses para a final da Copa da Coruña entre o Atlético Arteixo e o San Tirso
O vindeiro sábado 22 de xuño disputarase a LXXXIII Final de Copa de Fútbol de A Coruña, entre o Club Atlético Arteixo e o Santirso SD no Estadio de Riazor ás 19.15 h.
Para asistir a dito encontro o Concello de Arteixo apoiará a actividade poñendo a disposición o servizo de transporte, con saída no Parquing do Campo de Fútbol de Arteixo ás 17.30 h do sábado 22. Para utilizar o servizo de transporte é necesario inscribirse no correo electrónico correo@atleticoarteixo.es, indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento e número de teléfono móvil de conctacto. O prazo límite de inscrición será o venres 21 de xuño ás 13.30 h.
Máis información e resrvas no 692836562
