Pasar al contenido principal

Arteixo terá unha base permanente de salvamento marítimo no Porto Exterior

O Porto Exterior terá unha base permanente de Salvamento Marítimo o que permitirá mellorar os tempos de resposta en caso de que as embarcacións que actualmente prestan servizo no municipio teñan que acodir a algún rescate. 

Arteixo conta actualmente con tres embarcacións e unha moto acuática que ven de suministrar a Xunta de Galicia. Ata o de agora estes elementos permanecían, fóra da época estival, nas instalacións da base de protección civil o que, en caso de emerxencia no mar, aumentaban o seu tempo de resposta. A fórmula actual permitirá ter un amarre permanente no Porto Exterior o que suporá unha reducción moi apreciable dos tempos de resposta. 

A presencia da moto acuática que acaba de conceder a administración autonómica outorga ademáis aos servizos de salvamento unha maior maniobrabilidade en condicións de oleaxe.