Pasar al contenido principal

A meteoroloxía cambia a Feira 1900

As malas previsión meteorolóxicas para a fin de semana obrigan que o Concello, por motivos de seguridade, modifique algunhas das actividades previstas para a Feira Arteixo 1900. 

Así, suspéndese a montaxe dunha tirolina de 100 m que estaba prevista para os 3 días de feira, así como os organizadores vense obrigados a trasladar de escenario e hora algunhas das actividades do programa.

O venres 18, o grupo PERFUSIÓN executará a súa danza mestizaxe na carpa instalada na Praza do Balneario ás 20:00 h e o OBRADOIRO INFANTIL de máscaras de danzas tribais manterá o seu horario, pero na Cafetería do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O resto das actividades do día non sufrirán alteracións.

O sábado 19 poderá verse afectada a inauguración, polo que os actos previstos no Paseo Fluvial a partir das 11:30 h serán trasladados ao Auditorio ou a Cafetaría  do devandito centro. O espectáculo de Nino e Mambrú e o encontro dos grupos de baile tamén serán trasladados á carpa da Praza do Balneario en caso necesario.

Algunhas das actividades de difícil ubicación, como pasacalles ou a queima da falla, poderán suspenderse se as circunstancias o aconsellan, polo que o Concello de Arteixo pide anticipadamente disculpas  e prega a veciñanza que se manteña informada.