Pasar al contenido principal

Arteixo vólcase contra a violencia machista

Arteixo prepara un ambicioso programa para sensibilizar á población, especialmente a máis xoven, sobre os perigos da violencia de xénero con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia machista.

A programación inclúe desde charlas ata a estrea do documental "Sen tocar un pelo" protagonizado por mulleres de Arteixo.  Preséntase o 22 de novembro no Centro Cívico do paseo fluvial ás seis da tarde. Nesta peza, as protagonistas describen e comentan situacións de desigualdade que temos normalizadas e forman parte da nosa vida cotiá, tentando bater na conciencia de homes e mulleres. Despois da proxección haberá unha mesa redonda. Tamén estará Antonio Brea que falará sobre “A violencia contra as mulleres no cine”.

Durante todo o mes de novembro o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Arteixo organiza actividades dirixidas a distintos sectores sociais, co fin de sensibilizar a poboación no seu conxunto sobre a violencia contra as mulleres na sociedade e no concello de Arteixo.

O martes 12 ábrese a programación cunha charla para os máis novos sobre agresións sexuais e violencia sexual. Será no IES Manuel Murguía en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade.

O CIM tamén  presentará unha Guía para familias sobre a prevenvión das violencias machistas entre a xuventude. Elaborada ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero ten como obxetivo informar e sensibilizar a pais e nais sobre a violencia de xénero no inicio das relación, e dar pautas sobre que facer e como intervir con fillas e fillos. 

Como cada ano Arteixo realizará na Andaina contra a violencia de xénero que se celebrará o 23 de novembro. Sairá ás 10 da mañá dende o campo da festa e percorrerá 4 quilómetros do entorno urbano para rematar, no mesmo punto de partida, cunha gran chocolatada e unha actividade lúdica. 

O CIM  traballa todo o ano contra a violencia de xénero, atendendo e apoiando ás mulleres que o precisen, así como a través de múltiples actividades de sensibilización e prevención. Así, continuarán, entre o 26 e o 28 de novembro os cursos de autodefensa para mulleres que tanto éxito rexistraron nas últimas edicións. Hai que se inscribir ata o 22 de novembro e haberá dous grupos. Un de mañá, de 9 e media a 11; e outro de tarde de oito e media a 10. 

ue

 

Documentos: