Pasar al contenido principal

A maxia de Martín Camiña visita Meicende

Meicende acolle esta tarde, a partir das 20 h, o novo espectáculo do Mago Martín Camiña "LinguaDO país".

Trátase dun proxecto máxico-lingüístico para toda a familia que nos chega da Rede Cultural da Deputación da Coruña para lembrarlle ao google que aquí non sabemos onde están Arteijo, Mugía, Rianjo nin Sangenjo. Un espectáculo para lembrar que á doutora, ao avogado ou á xuíza, se lles pode falar en galego nos seus postos de traballo, xa que seguiremos tendo o mesmo problema de saúde, de preitos ou do que sexa, digámosllo en galego ou noutra lingua. Un espectáculo cheo de sorpresas e de axóuxeres, lixivias, bolboretas, beizos, garabatas, gravatas, cóxegas, meigallos, folerpas...