Pasar al contenido principal

Arteixo entrega os premios do primeiro concurso de vídeos "Respeto en rede"

O Centro Arteixo Innovación acolle o próximo mércores 27 de Novembro as XVII Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade, que este ano servirán para facer a entrega dos premios do "I Concurso “Respecto en Rede” de vídeos curtos contra os rumores, os prexuízos e o discurso de odio xenófobo.

Proxectaranse os vídeos gañadores e outros audiovisuais de campañas de alto impacto, que se comentarán nun coloquio no que participarán expertos como Rocío Cadahía, presidenta de AGARESO, Xosé Cuns, director de EAPN Galicia ou Edo Bazzaco, responsable de campañas de SOS Racisme.

O certame recoñece, na categoría "Arteixáns" os vídeos creados polo IES Manuel Murguía, dentro dos talleres que formaron parte da programación das XVII Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade de Arteixo.

Na categorías "Respecters", de 14 a 17 anos; e "Fighters", de máis de 18 anos, dotadas pola Dirección Xeral de Relacións exteriores e coa UE da Xunta de Galicia e por Ecos do Sur.

Tamén haberça un Premio Especial do Público, que será outorgado en directo cos votos das persoas asistentes.

A concelleira e Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación,Inés Ramos,  conducirá esta gala que comezará ás 18.30 h. 

Os vídeos presentados formarán parte dunha campaña de sensibilización en redes sociais da ONG Ecos do Sur .

xornadas