Pasar al contenido principal

O Nadal volve a ser musical e activo para os máis pequenos

O Nadal no mundo a través de obxectos, danzas, xogos ou festas tradicionais . O campamento "O Nadal no mundo" ocupará o tempo de lecer dos máis pequenos entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro. Será en horario de 10 a 14 na aula de natureza municipal. 

A Concellería de relacións coa comunidade educativa propón, como cada ano, unha alternativa de ocio para os máis pequenos á vez que axuda ós proxenitores a conciliar as vacacións dos nenos coa súa vida laboral. 

O Campamento,  para rapazada de Educación Infantil e Primaria pertencente a familias empadroadas, dispón dun máximo de 30 prazas e costa 28 euros. 

O laboratorio musical alcanza este ano a súa novena edición e ten, entre os seus obxectivos, investigar o son e as posibilidades do xurdir na época prehistórica. 

Será tamén entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro e dispón dun máximo de 30 prazas. Tamén costa 28 euros. 

En ambos casos hai servizo de transporte.