Pasar al contenido principal

Cultura busca axudantes para os Reis Magos

A Concellería de Cultura busca a colaboración dos veciños para configurar a Gran Cabalgata de Reis que chegará a Arteixo o próximo 5 de xaneiro. 

As persoas interesadas en participar como figurantes pódense inscribir ata o 20 de decembro. Preferiblemente han de ser maiores de idade. No caso de querer inscribir a menores, estes deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable.

As inscricións realizaranse en horario de 9:00 a 14:00 h nas oficinas deste servizo, ou mandando un e-mail a cultura@arteixo.org.

O percorrido iniciarase ás 18:00 h e discorrerá polas principais rúas de Arteixo para rematar ás 19:00 h no Pazo dos Deportes. Consultar ruta: http://bit.ly/33RFDtJ

As persoas inscritas serán convocadas para unha proba de vestiario o 26 de decembro en horario de 11:00 a 15:00 ou o 27 de decembro de 16:00 a 20:00 h no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Ese día recibirán as instrucións pertinentes para o día do desfile.

Descarga aquí a ficha de inscrición. +INFO: cultura@arteixo.org/981641803

Documentos: