Pasar al contenido principal

O Centro Comercial Aberto presenta a súa campaña de Nadal

A Concelleira de Promoción Económica, Participación, Xuventude e Novas Técnoloxías, Patricia Amado, presentou esta mañá a campaña que desenvolverá o Centro Comercial Aberto de Arteixo durante o Nadal co obxectivo de incentivar as compras no ámbito local. 

Os comercios asociados abrirán o próximo domingo, 22 de decembro e ampliarán o seu horario durante todo o período navideño. Ademáis ofrecerán as habituais recompensas de fidelización para os compradores como o coñecido "rasca e gaña". 

Amado estivo tamén acompañada por Gonzalo Rabuñal, representante da Asociación Deportiva Jarnachas que, este ano, amplía a oferta lúdica da Feira do Galo cunha carreira de bicicletas sen cadea.