Pasar al contenido principal

O Concello mellora a seguridade da Escola Infantil Municipal

A consellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación fai un investimento na mellora do equipamento e sistemas de seguridade da Escola Infantil Municipal de Arteixo. Esta actuación foi cofinanciada pola Consellería de Política Social ao amparo do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 que cofinancia a Unión Europea.

A axuda obtida para este proxecto ascendiu a 25.041,74 €.

O centro equipouse con novas portas técnicas con sistema antipilladedos e antiatrapamento. 

Coa colocación destas portas conseguise unha mellora na calidade da atención prestada ás nenas e nenos e a súa seguridade, así coma a mellora na infraestructura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia e sostenibilidade no consumo de recursos.

Tamén se dotou ao centro de novo mobiliario como cunas de evacuación; mobles armario; mobles altos; mobles grandes e mobles gaveteiros.

Este mobiliario constitúe un valor engadido para a atención dos menores e a prestación do servizo. A súa compra obedeceu a unha importante mellora da tipoloxía do existente no centro.

eim