Pasar al contenido principal

A Escola Infantil mantén actividades online para o alumnado

O alumnado da Escola Infantil Municipal mentras dure a suspensión do servizo debido á pandemia ocasionada polo  COVID-19 continúa coa realización telemática de actividades. A finalidade desta inciativa é que os menores non perdan o contacto coa escola e que continue a relación entre as familias e o centro educativo.

O Equipo Educativo da Escola creou unha canle de comunicación coas familias e todos os días lle envían contidos educativos adaptados aos distintos grupos de idade: 0-1 anos; 1-2 anos e 2-3 anos para que as familias teñan á súa disposición os materiais necesarios para que o proceso de aprendizaxe continúe fóra das aulas. As familias que o desexan, tamén poden enviar á escola os vídeos coas actividades que están a facer nos seus domicilios.