Pasar al contenido principal

Arteixo celebra un pleno telemático para aprobar as bases das axudas aos autónomos

Arteixo celebra mañá un pleno urxente no que se aprobarán as bases normativas da primeira liña de axudas aos autónomos, pequeno comercio e hostaleiros.

A sesión, que se celebrará de forma telemática, permitirá xunto cun modificado de crédito, que o pago das axudas comecen a ser efectivas na segunda semana de maio. 

As axudas serán dun mínimo de 1.800 euros e un máximo de 3.000 por autónomo. Todos os beneficiarios que cumpran coas bases de solicitude terán a súa axuda que será, ademáis, de concorrencia non competitiva o que quere dicir que haberá fondos suficientes para atender a todas as solicitudes que se presenten conforme ás bases establecidas. 

A primeira liña de axudas ten como obxectivo a todos aqueles que tiveron que interromper a súa actividade pola crise do COVID19. O concello estima que serán uns 700 afectados en todo o municipio. 

Unha vez cumpridos os seis meses do estado de alarma de 14 de marzo, os beneficiarios terán que xustificar os  gastos de funcionamento con facturas pagadas entre o 1-03-20 e o 30-09-20. Os gastos subvencionables serán os seguintes, según figuran nas propias bases normativas:

 

-Compra de existencias de mercancía. Pode incluir gastos desde el 01-01-2020 al 30-09-2020.

-Gastos de aluguer.

-Reparacións e conservación do local comercial.

-Gastos por servicios de profesionais independientes.

-Primas de seguros.

-Suministros e gastos corrientes: auga, teléfono, electricidade, gas, servicios de seguridade.

-Cuotas á seguridade social do traballador autónomo

-Gastos excepcionais de ata 900 euros (gastos personais, depreciación de gastos inventariables, etc.).

 

Posteriormente, o concello de Arteixo tramitará outras dúas liñas de axudas para autónomos: unha adicada a axudar a aqueles autónomos que aínda sen interrpomer a súa actividade viran mermada a súa facturación e unha terceira liña para o resto de autónomos.

Carlos Calvelo destaca el “gran número de consultas que estamos recibiendo por parte de los vecinos por este tema, pero decirles que en el ayuntamiento estamos acelerando todo lo posible los plazos de tramitación para poder realizar los pagos cuanto antes y evitar en lo posible la pérdida de puestos de trabajo”.