Pasar al contenido principal

Os autónomos xa poden consultar as bases para solicitar axudas

O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe as bases das axudas municipais aos autónomos e PEMES. 

Unha vez o BOP publique a convocatoria haberá un prazo para formalizar as solicitudes que deberán dirixirse ao departamento de promoción económica vía telemática con certificado electrónico ou por email no que deben figurar nome e apelidos, DNI, e número de teléfono. Xunto coa solicitude tamén debe adxuntarse escaneada a documentación solicitada. Todo enviarase a axudascovid@arteixo.org

Para ser beneficiario da axuda debe de desenvolver a súa actividade no termo municipal de Arteixo e estar dado de alta no réxime da seguridade social ou mutua correspondente.

As axudas, que beneficiarán a una 700 afectados pola crise, oscilarán entre os 1800 e os 3000 euros. 

A corporación municipal aprobou a pasada semana e por unanimidade estas bases.

 

 

 

Documentos: