Pasar al contenido principal

As primeiras axudas xa benefician a preto de 50 autónomos

Son 47 beneficiarios e máis de 80.000 euros. A Xunta de Goberno Local en sesión Extraordinaria e Urxente celebrada o venres 15 de maio acordou aprobar a concesión da primeira quenda de axudas.

Os expedientes non incluídos nesta relación serán resoltos en sucesivos acordos de resolución. Para a consulta do seu expediente pode chamar aos números de teléfono 981 659 153 - 981 659 151 ou solicitalo vía correo electrónico á dirección emprego@arteixo.org.