Pasar al contenido principal

A Concellería de Igualdade, Servicios Sociais, Sanidade e Educación publica o procedemento para a xustificación de axudas ao estudo - Liña 1 (comedores) derivado da disposición transitoria para o período COVID

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación abre o prazo para a presentación da xustificación da axuda ao estudo – Liña 1 (comedor) para o período indicado na disposición transitoria.

O prazo para a presentación da documentación xustificativa é de 10 días naturais desde o día seguinte ao remate do curso, sendo a data límite o 29 de xuño ás 14:00 horas.

A disposición transitoria aprobada indica a obrigatoriedade de presentación da documentación nos rexistros municipais (presencial ou sede electrónica).

Coa finalidade de axilizar a entrega da documentación mantendo as normas de protección vixentes para COVID, o procedemento é o seguinte:

  • A documentación a achegar é a seguinte:
    • Modelo establecido ao efecto (ver “modelo”).
    • Facturas orixinais e demáis documentación complementaria.
    • Declaración responsable de cumprimento de condicións e de estar ao día nas obrigas tributarias coas administracións (comprobarase veracidade posteriormente). Está incluída no modelo de xustificación.
    • Certificados que acrediten intolerancias ou situacións especiais que requiran de productos de características especiais.

(As DCB serán solicitadas posteriormente cando non obren no Concello).

  • As persoas que opten pola entrega presencial deberán ter en conta as seguintes indicacións:
    • Non se establece cita previa polo volumen de persoas e o prazo establecido.
    • Achegarase 1 persoa ao departamento de Educación ou ao Centro Social de Meicende. Será obrigatorio uso de mascarilla.
    • Respectarase turno de espera nos espazos habilitados ao efecto.
    • Accederase ao local según control de aforo (realizado polo persoal do servizo).
    • A documentación xustificativa e modelos debidamente cubertos e asinados introduciranse nun sobre A3 (facilitado no propio departamento ou xa aportado pola persoa). No exterior indicaranse os seguintes datos:
      • Nome e apelidos por cada menor para o que se concediu axuda.
      • Teléfono de contacto.
      • Correo electrónico de contacto.
    • O sobre deixarase pola persoa no lugar que se lle indique para que quede sometido a procedemento de hixienización durante o prazo que indican os protocolos de actuación. Pasado dito prazo, procederase ao rexistro informático.
    • Polo persoal do departamento realizarase control da entrega.
    • Os xustificantes de rexistro poderán recollerse no departamento con cita previa ou previa solicitude a través de correo electrónico (educacion@arteixo.org).                

O horario de atención para a entrega de documentación é de 9:00 h a 14:00 h.

Tamén se pode presentar telemática a través da sede electrónica acompañando toda documentación requerida.

 

Documentos: