Pasar al contenido principal

Educación publica as listaxes definitivas de axudas a mobilidade do curso 2019/2020

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 3 (MOBILIDADE) curso 2019/2020 aprobadas pola Xunta de Goberno Local de 2 de xullo de 2020.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición contra o presente acordo no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do anuncio da publicación no Boletín Oficial da Provincia perante o mesmo órgano que o ditou. Para a resolución do recurso tense o prazo dun mes contado desde o día seguinte á interposición. Se transcorrido ese prazo non se ten notificada a resolución, entenderase desestimado o recurso por silencio administrativo.