Pasar al contenido principal

Procedemento de inscrición actividades extraescolares educativas 2020/2021

Sempre que a evolución da situación epidemióloxica actual o permita, para o inicio do vindeiro curso 2020-2021, e como medida de conciliación da vida familiar e laboral, retomaranse as actividades extraescolares educativas nos centros de ensino do termo municipal de Arteixo.

Debido á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, a inscrición nas actividades non garante a súa continuidade ao longo do curso escolar, podendo estas ser obxecto de modificación ou supresión, en adaptación ás indicacións e normativa vixente ao respecto en cada momento.

 A continuación dáse a coñecer o procedemento de inscrición no Programa de Actividades Extraescolares Educativas para o vindeiro curso 2020/2021:

Actividades_EDC


INSCRICIÓNS: 

 

    • Prazo de preinscrición: do 10 ao 14 de agosto
      • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Departamento de  Educación ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar no Departamento de  Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de a horas). Do mesmo xeito poderase enviar ao correo electrónico educacion@arteixo.org.
      • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido.
    • Exposición de persoas preinscritas: A partir do 18 de agosto na páxina web municipal.
    • Sorteo público: 21 de agosto ás 10:00 h no Departamento de Educación
    • Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 21 de agosto na páxina web municipal
    • Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (24 ao 31 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Departamento de Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
    • Deberá achegarse a folla de inscrición e recibo de pago
    • De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do 1 de setembro.
    • Lembramos que o calendario de actividades rexerase polo establecido pola Consellería de Educación en todo o referente ás vacacións e días non lectivos.
    • Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

 

  • Comezo das actividades: Primeiro día lectivo do curso para o alumnado que teña formalizada a matrícula durante o mes de agosto.
    • Todas as inscricións que se realicen entre o 1 e o 10 de setembro, comezarán a partir do día 14 do mesmo mes
    • Todas as inscricións realizadas a partir do día 10 de setembro, comezarán a partir do día 1 de outubro.
  • Inscricións
    • Actividades educativas: Departamento de Educación (Av dos Bosques 16),de luns a venres de a h. Teléfono: 981647294.
  • Número de prazas limitadas. Precísase un número mínimo de participantes para levar a cabo a actividade (5 participantes)
  • Debido á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, a inscrición na actividade non garante a súa continuidade ao longo do curso escolar e teremos que adaptarnos ás indicacións e normativa vixente ao respecto en cada momento
  • Servizos complementarios. Ocioteca: dirixida só para o alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor ou transporte escolar e asista a algunha actividade extraescolar o día no que solicita a inscrición na ocioteca. É obrigatorio facer unha inscrición previa.
  • Prezo Público e  forma de pago: determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. O prezo público pode ser obxecto de redución segundo as circunstancias socioeconómicas da unidade familiar.
  • Formas de pago:
    • Abonar o importe total nun só pago: xunto coa inscrición.
    • Abonar en dous prazos (cando o prezo a aboar  por alumno sexa superior a 50 €)
      • Xunto coa inscrición: 50 %
      • 1-20 febreiro: 50%
  • A baixa na actividade ao longo do curso non exime do pago do segundo prazo.
  • Importante: en aplicación das normativas dos centros, queda terminantemente prohibida a permanencia no recinto escolar das persoas acompañantes do alumnado que asiste á actividade.

Actividades extraescolares nos centros escolares

2.2.2

 

Actividades Educativas Extraescolares por curso 

 

2.2.2.1

Actividades 1 hora semanal

25 €

 

2.2.2.2

Actividades 2 horas semanais

38 €

 

2.2.2.3

Actividades 3 horas semanais

55 €

 

2.2.2.4

Actividades 4 horas semanais

65 €

 

2.2.2.5

Actividades 5 horas semanais

80 €

 

2.2.2.6

Actividades 6 horas semanais

110 €

 

2.2.2.7

Actividades 7 horas semanais

120 €

 

2.2.2.8

Actividades 8 horas semanais

125 €