Pasar al contenido principal

Educación da a coñecer o resultado do sorteo de prazas nas actividades extraescolares

Realizado o sorteo, nas actividades nas que a demanda sexa superior ao número de prazas ofertadas (adaptadas a situación COVID) a letra pola que se inicia a adxudicación de prazas é a G. Unha vez cubertas as ofertadas elabórase listaxe de agarda seguindo a orde.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

  • As persoas con praza adxudicada deberán formalizar a matrícula co pago de recibo.
  • Datas de matrícula: Do 24 ao 31 de agosto de 2020
  • As persoas con praza adxudicada que non formalicen matrícula desisten da reserva da mesma. No caso de estar interesadas novamente deberán inscribirse de novo no prazo extraordinario a partir do 1 de setembro.

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

  • Solicitar recibo nas seguintes modalidades:
    • Solicitar a través de correo electrónico (educacion@arteixo.org)
    • Solicitar directamente no departamento. Neste caso poderase proceder ao abonamento con tarxeta ou realizalo na entidade bancaria.
    • Se así o consideran, poden solicitar cita previa a través de correo electrónico ou chamando ao 981647294.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

  • As actividades que figuran como “PENDENTE” non se abonarán ata o momento de creación de grupo. Neste caso, as persoas preinscritas manteñen a preferencia no acceso á praza. Comunicarase cando deban proceder a matricularse.

IMPORTANTE:

  • Calquera xestión presencial en Educación someterase ás condicións hixiénico-sanitarias que se estipulen ao efecto polas autoridades con competencia na materia. En todo caso, será obrigatorio o uso de mascarilla, a hixienización no momento do acceso ao local e o mantemento das distancias de seguridade.
  • Realizarase rexistro das persoas que pasen por Educación para control no caso de que sexa necesario por situación COVID.
  • Debido á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, a inscrición nas actividades non garante a súa continuidade ao longo do curso escolar, podendo estas ser obxecto de modificación ou supresión, en adaptación ás indicacións e normativa vixente ao respecto en cada momento.

Pode consultarse no enlace de cada centro a información específica.