Pasar al contenido principal

Restriccións en Arteixo diante do aumento de casos por COVID-19

A Xunta de Galicia ante o aumento de casos de infección polo virus COVID-19 tomou a decisión de limitar as reunións a un máximo de cinco persoas, tamén decreta que os bares e cafeterías so poderán dar servicio nas terrazas e tamén a un máximo de cinco personas por mesa. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

Estas medidas estaran en vigor polo menos ata o próximo 9 de setembro, data na que as autoridades sanitarias reevaluarán os datos de evolución da pandemia no municipio.  

Por outra parte o concello de Arteixo advirte a cidadanía sobre as seguintes puntos:

1. Suspender a Feira prevista para mañá no núcleo de Arteixo.

2. Recordar que as áreas recreativas do Seixedo e Os Barreiros seguen pechadas ata novo aviso.

3. A policía local reforzará o control dos locales de hostelería de Arteixo, en especial no relacionado co cumprimento das novas normas.

O concello de Arteixo tamén quere recordar a todos os seus veciños que é imprescindible seguir as recomendacións das autoridades sanitarias para previr a transmisión do coronavirus:

Usar máscara seguindo as recomendacións sanitarias é obrigatorio en tódalas circunstancias.

Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou solución hidroalcohólica.

Manter unha distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca, ao tusir ou esbirrar, cubrir a boca co cóbado flexionado ou cun pano desbotable, tirándoo despois a unha papeleira.

Con síntomas (febre, tose, dor de cabeza, perda de olfacto e gusto, diarrea,etc.) quedar na casa e contactar telefonicamente co seu/súa medico de Atención Primaria.

Para máis información: www.coronavirus.sergas.gal