Pasar al contenido principal

Calvelo interpela ao Ministro de Fomento sobre a retirada da peaxe de Pastoriza

Carlos Calvelo leva ata o Ministro de Fomento as súas reivindicacións para a retirada da peaxe de Pastoriza.

O alcalde participou onte por videoconferencia , nunha consulta pública previa do anteproxecto de Lei de Mobilidade Sostible e financiación do transporte urbano que o Ministerio organizaba xunto coa FEMP.

Calvelo, vicepresidente da comisión de transportes. mobilidade sostible e seguridade vial, resaltou a importancia de apoiar aos concello máis pequenos á hora de tecer unha rede de comunicacións por carretera que axude a resolver os problemas aos que se enfrentan moitos concellos de España. O alcalde de Arteixo tamén lembrou ao ministro que "o diálogo do que se fai gala nas reunións hai que plasmalo na forma de realizar infraestructuras". 

Carlos Calvelo puxo como exemplo da falta de diálogo entre administracións o contencioso que Arteixo mantén con ese ministerio sobre a retirada da peaxe de Pastoriza, en estos momentos visto para sentencia na Audiencia Nacional.

O alcalde sinalou que “atopámonos cun muro cando tratamos de dialogar co Ministerio de Fomento , e por iso vímonos obrigados a ir ata a Audiencia Nacional". Continuou Calvelo engadindo que "sempre nos pecharon as portas de Fomento. O diálogo do que fala, hai que plasmalo á hora de deseñar infraestructuras".

José Luis Ábalos respondiu brevemente sinalando que “tomaba nota” de todas as peticións que se realizaran na reunión.

Arteixo levou este caso ata a Audiencia Nacional despois de que o Ministerio de Fomento rexeitara nun escrito a mesa de negociación ofrecida en forma de convenio polo Concedllo e a Xunta de Galicia para eliminar a peaxe.