Pasar al contenido principal

Outubro trae de volta as axudas de educación para libros e material escolar

AXUDAS AO ESTUDO PARA FAMILIAS CON DESCENDENTES ESCOLARIZADOS NOS NIVEIS OBRIGATORIO OU NON OBRIGATORIO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS CONVOCADAS POLA CONCELLARÍA DE IGUALDADE, SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE  E EDUCACIÓN

CURSO 2020/2021

LIÑA 2 - AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO: Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para curso 2020/2021

  • Prazo de solicitude: do 1 ao 20 de outubro de 2020.

Documentación a aportar: modelo normalizado que se pode obter na páxina web do Concello (www.arteixo.org) no que se concede autorización para que o Concello obteña os datos e documentación doutras administracións e presentar o xustificantes dos gastos realizados (Factura).

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  • Na sede electrónica (www.arteixo.org)
  • Presencial:
    • No departamento de Educación en horario de 9:00 a 13:45 h. Terán preferencia na atención as persoas que soliciten cita previa. Atenderase sen cita previa por orde de chegada dependendo da dispoñibilidade entre as citas previas.

Para solicitar cita previa:

  • Correo electrónico: educacion@arteixo.org indicando teléfono de contacto, nome e apelidos, DNI da persoa que acudirá á cita.
  • Teléfono: 981659144 (facilitando os mesmos datos)

No caso de desexar dispoñer de cita nun horario/data concreta pode facelo constar no momento de solicitala por calquera dos medios.

    • Noutros rexistros municipais según sistema establecido en cada un.

IMPORTANTE: será obrigatorio o uso de mascarilla e aplicación de medidas de protección.