Pasar al contenido principal

A Avenida da Deputación terá catro carrís

O Concello acolle a finalización do trámite de expropiación dos terreos necesarios para acometer a ampliación da Avenida da Deputación. Este paso, hoxe mesmo, permite á administración local tomar posesión dos terreos necesartios para ampliar esta vía. 

A obra, que costará 6'5 millóns de euros, execútase merced a un convenio entre la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Arteixo. Os traballos suporán a ampliación da arteria principal do Polígono de Sabón. No acordo o Concello asume a conservación e explotación da vía unha vez finalicen os traballos. Tamén a posta a disposición dos terreos. 

A obra busca o incremento da capacidade da vía por duplicación de carrís desde a glorieta de Sabón ata a intersección ca avenida da Enerxía. Deste xeito, a Avenida da Diputación pasará a contar con catro carrís. Tamén se habilitarán arcéns, beirarrúas e aparcamentos.